Bingo
[Unpretentious Ephemeral Act (UEA)] no. 6
Performance

Enlace ao video

Unha performance con Alba Blanco, Irene Esperón, María Roja e Carlos Tejo
XXX Congreso Nacional de Psicodrama
Pontevedra (España)
Fotografías: Ángel Sousa
23/10/2015

Cando o XXX Congreso de Psicodrama nos convidou a facer unha performance, a traxedia das decenas de persoas que perden a vida no mar debido á emigración forzosa era unha noticia constantemente repetida. A partir desta realidade, a nosa actuación busca reflexionar sobre a influencia fortuíta pero crucial do lugar de nacemento e do entorno no que se crece. Abrazando a noción do azaroso, decidimos empregar o mesmo concepto que caracteriza o xogo do Bingo tradicional, cunha volta de fío: converter o premio en castigo. Así, en lugar de recibir unha cantidade de diñeiro, a primeira persoa do público que cantase Bingo sufriría un breve pero intenso afogamento nun barreño de auga fría. Desta forma, só durante uns instantes, esa persoa podería experimentar a falta de oxíxeno nun medio acuático. Como colofón, evocando a nota surrealista da película O discreto encanto da burguesía, apilamos cadeiras na porta de saída. Desta maneira, unha vez concluída a actuación, abandonar o espazo non resultaría tan sinxelo, creando unha experiencia que remite ás dificultades de moitas persoas para escapar das súas circunstancias.