Cuestión de principios (I)
Performance

Enlace ao video

Comisariado: Gloria Rubio Largo
Xornadas Gráficas e Artísticas 08 Escola Superior de Arte de Soria
Soria (España)
17/04/2008

Os elementos utilizados nesta primeira versión da performance son simples e proceden do ámbito doméstico: viño, ovo e unha radio en directo. A súa descontextualización e un uso estraño dos mesmos confire á performance un aire surrealista non exento de comicidade. Mentres a acción ocorre, o son dunha radio en directo fálannos dos conflitos políticos do momento. O elemento central da acción é unha gravata que resulta imposíbel e ridícula pola súa lonxitude. Este símbolo deconstruído de masculinidade será utilizado como recurso expresivo para falar dos excesos de calquera exceso de poder e as consecuencias que pode chegar a ter para as súas vítimas.