Cuestión de principios, (II)
Performance

Comisariado: Patricia Moreira
Feira Internacional de Arte Expotrastiendas Palacio de Exposicións da Cidade de Buenos Aires
Buenos Aires (Argentina)
16/09/2008

Esta é a segunda ocasión na que se presenta a performance estreada uns meses antes na Escola Superior de Arte de Soria. Nesta nova versión incorpóranse algúns cambios perceptibles no uso de determinadas ferramentas formais. A nivel de contido, utilízase máis o humor e o sarcasmo para construír unha caricatura máis clara do prototipo de Home-Branco-Heterosexual. Esta parodia volve atopar o seu eixe central na utilización da gravata (e as súas metamorfoses) como símbolo dun poder masculino hexemónico.