Dereitos e silencios
[Unpretentious Ephemeral Act (UEA)] no. 4
Performance

Comisariado: Manuela Macco e Guido Salvini
TPA / torinoPERFORMANCEART 2014 Terceira edición
Turín (Italia)
Fotografías: Guido Salvini
30/12/2014

Durante toda a performance, escoitamos de fondo unha gravación do texto da Declaración Universal dos Dereitos Humanos na súa versión italiana. Ao igual que no proxecto Dereitos e silencios: Acto efémero sen pretensións (AESP) [Unpretentious Ephemeral Act (UEA)]no. 1, a performance pretende advertir sobre o reiterado incumprimento desta Declaración Universal Para esta versión, modificamos completamente a estrutura formal da performance respecto á primeira vez que foi presentada. Agora o público permanece de pé desde o principio ata o final, coas súas costas contra a parede, debuxando así os límites físicos da performance. A interacción coa audiencia cobrou especial importancia nesta ocasión. Entre outras cousas, solicitamos ao público que se descalzase para poder crear unha liña central cos seus zapatos e dividir o espazo en dúas partes. Nos últimos minutos da performance, introducimos no calzado un papel arrugado que, se se despregaba, permitía ler un artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Ao calzarse novamente antes de abandonar a sala, algúns espectadores notaron que algo lles molestaba nun dos seus zapatos…