Estiramento
Performance
Comisariado: María Fernández Valle e Jesús García Plata
Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense
Madrid (España)
Fotografías: Franc Blanes
05/05/2017
Como nalgunhas performances anteriores, en Estiramento repártense unhas tarxetas negras que conteñen mensaxes ofensivas asociadas a comportamentos homófobos, racistas ou machistas. Estas tarxetas inclúen as palabras: PUTA, POBRE, EMIGRANTE, ANALFABETA, MARICÓN, NEGRO e TOLA. A acción de repartir estas sete tarxetas entre a audiencia percíbese como un acto violento que contrasta coa serenidade que emanan dos exercicios de estiramento que levamos a cabo entre tarxeta e tarxeta. Téntase crear unha situación que poida servir de metáfora para falar da pasividade individual ante certos estigmas sociais.