O erro necesario
Performance

Galería de Arte da Universidade do Porto
Porto (Portugal)
Colaboración de Hugo Pinho
24/04/2009

Neste proxecto, colaborei co artista portugués Hugo Pinho. Durante a performance, Pinho interpretaba unha melodía na que, de xeito aleatorio, xerábase un erro nunha das notas. Nese preciso intre, levantábame da cadeira e realizaba movementos semellantes aos dun asistente de pista de aeroporto para guiar o avión na súa aproximación á pasarela de embarque. Esta performance explora o concepto do erro como método, como estímulo do acto creativo e como ferramenta estética. Esta reivindicación do erro busca alertar sobre os riscos que conleva crermos ser posuidores dunha verdade absoluta. Desta maneira, a actuación cuestiona a capacidade de discernir entre o que é bo e o que é malo.