Sobre Homens e Esconderijos
Performance
link ao video
Comisariado: Práticas de Resistência. Dramaturgia e Processos de Criação em Performance
Teatro Jordão
Guimarães (Portugal)
18/11/2024
En moi poucos países existe unha verdadeira aceptación social e unha protección legal sólida para as persoas homosexuais. Incluso nestes lugares, persisten actitudes que cuestionan, critican ou, simplemente ridiculizan, a homosexualidade. Ademais desta violencia psicolóxica, tamén debemos lamentar agresións físicas e mesmo asasinatos. Este contexto hostil dificulta que as persoas homosexuais poidan gozar dunha libertade plena. Só por dar un exemplo, pensemos que, a pesar de vivir en democracias avanzadas, sair do armario pode seguir sendo un desafío. Quizais por todo isto, as persoas que viven a súa sexualidade dun xeito diferente adoitan buscar pequenos refuxios onde sentirse a salvo. En moitos casos, esconderse segue sendo unha forma de protección. A performance Sobre homens e esconderijos invítanos a refletir sobre estas realidades a través da metáfora que repite cíclicamente a acción de esconderse e exponerse.