Unión forzosa
[Unpretentious Ephemeral Act (UEA)] no. 2
Performance

Comisariado: Joan Casellas
La Muga Caula 10ª Trobada Internacional de Poesía d’acción e performance
Les Escaules, Girona (España)
Fotografías: Joan Casellas. Arquivo Aire
13/09/2014

Nesta performance, construímos a palabra EUROPA desafiando a orde lóxica da súa grafía. Colocamos as distintas letras de maneira calculadamente caótica nunha corda que evoca a imaxe dun tendal. Este procedemento permítenos manter á audiencia en suspense e revelar realmente a palabra cando a última letra é colocada. Entre letra e letra, desenvolvemos unha acción simbólica que convida a pensar nas complexidades inherentes a unha unión económica e política, como a que se propón desde a Unión Europea.