Falando comigo mesmo
Performance

Enlace ao video

Comisariado: Jennifer Carpenter
McGlade Gallery
Sydney (Australia)
22/08/2012

Talking to myself é unha evolución dun proxecto anterior no que instalei unha serie de carteis luminosos estratexicamente situados en varias paradas de autobús na cidade de Seattle. Estes carteis non só formulaban preguntas, senón que tamén invitaban a iniciar unha autopsicanalise de xeito espontáneo e doméstico. Esas mesmas cuestións agora conforman o núcleo da performance. Cando fun coherente a última vez? Cando fun optimista a última vez? Cando fun sincero a última vez? Cando fun xeneroso a última vez? Cando fun leal a última vez? Cando fun valente a última vez?