Nación (II)
Performance

Enlace ao video

Comisariado: Nieves Correa
Matadero Madrid, Nave 10. ACCION MAD
Madrid (España)
Fotografías: Yolanda Pérez Herreras e Abel Loureda
1/11/2019

Na maioría das ocasións, os meus traballos están interconectados entre si, mostrando unha inclinación cara ao uso de ferramentas e temáticas semellantes. Este é o caso de Nación, que ten un claro antecedente na performance que presentei no ano 2014 no Centro de Cultura Contemporánea da cidade de Valencia. Cinco anos despois, durante o encontro Acción MAD en Matadero Madrid, os ingredientes políticos e culturais que se agochan no concepto Nación seguían preocupándome e decidín recuperar esta temática cunha estrutura renovada. A audiencia pasou a ter un papel fundamental que me axudou a construír unha reflexión crítica sobre calquera tipo de esencialismo. As alusións a nocións como límite, supremacismo ou perda afloran nesta segunda versión da performance.

+ info: RTVE (Radio televisión española): https://www.rtve.es/play/videos/la-aventura-del-saber/aventura-del-saber-accionmad/5536238/