Un desencanto pandémico
Performance

Comisariado: María Fernández Valle e Elisa Miravalles Alija
Action Spring (T). Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense
Madrid (España)
Fotografías: Carmen Mendoza
6/4/2022

Nun sentido amplo, esta performance explora o desencanto, tomando como punto de partida a experiencia universal da pandemia do COVID-19. Como en outros proxectos previos, inicio a performance entoando un tema musical, neste caso, unha versión libre do coñecido Somewhere over the rainbow. Á diferenza da interpretación esperanzadora de Judy Garland en O Mago de Oz, o noso proxecto se apropia deste tema para tecer unha crítica irónica que cuestiona a suposta felicidade en certos mundos aparentemente perfectos. Minutos máis tarde, unha gran bolsa de plástico negro comeza a cubrir lentamente o meu corpo, mentres un audio nos somerxe nun sonoro concerto de flatulencias. Esta estratexia pretende desafiar as percepcións convencionais da felicidade e visibilizar a desilusión que pode ocultarse detrás das aparencias.