Sobre a fugacidade
Performance

Enlace ao video

Comisariado: Nuno Oliveira e Margarida Chambel
Galería Ana Lama
Lisboa (Portugal)
Fotografías: Nuno Oliveria e Beatriz Moriano
20/01/2019

A temática sobre o carácter finito do ser é outro dos intereses recorrentes no meu traballo. Neste proxecto parto do medo á soedade e á propia existencia entendida como unha viaxe inexorable cara a un punto final irrevogable. A performance comeza cando comezo a cantar a coñecida canción Stand by me. Sobre a fugacidade describe un percorrido que divide a galería en dúas partes. Imos avanzando torpemente de lado a lado mentres nos vamos despoxando, metaforicamente, de algúns elementos que nos atan ao material. No centro deste percorrido, un cabalo de xoguete xira sobre si mesmo mentres os pozos de talco debuxan a pegada daquilo que non pode permanecer.