Unha performance = 0,99 €
Performance

Comisariado: Klaartje Esch
Kunstpodium Gallery
Tilburg (Paises Baixos)
Fotografías: Edvan Coutinho Van Eeghem
14/10/2018

O comercio do arte, a frivolidade do produto artístico, a autoría, a orixinalidade da obra ou algúns tópicos da performance serán algunhas das temáticas abordadas neste traballo. A participación do público é fundamental. O mecanismo da acción é moi sinxelo: por cada 0,99 € que o público me dea, farei unha performance dun minuto de duración. A audiencia poderá elixir o estilo de performance que desexa segundo un menú de performances ao que terá acceso. Neste menú, haberá nove tipos de performances diferentes que estarán identificadas cunha palabra. Esta catalogación inclúe categorías como: Mística, Violenta ou Teatral, entre outras. A persoa que compra a performance pode participar nela ou rexistrala en vídeo ou en fotografías. Unha performance pode ser comprada por máis dunha persoa. As persoas que non paguen deberán colocarse un anteface como os que usan para durmir coa finalidade de non ver nada do que alí ocorra.