O besteiro
Performance
Sala Josep Renau, Facultade de Belas Artes de Valencia
Comisariado:: Elías Pérez
Fotografías: Eduardo Tobar
02/07/2026
“O besteiro” propón unha estrutura circular, articulada sobre un xesto de aparición e desaparición. No centro da sala, un paxaro mecánico agochado baixo unha bolsa é revelado e posto en movemento. O seu voo acompaña a fragmentación material do Romance do prisioneiro: os versos, escritos en cartóns individuais, móstranse ao público e lánzanse ao chan. O poema convértese nunha secuencia de obxectos dispersos que cada espectador debe reordenar.
A acción culmina de maneira simétrica co motivo central do romance: a morte do paxariño a mans do besteiro. A peza non representa esa violencia: suxírea. O paxaro volve ser cuberto e o trino enmudece. Ese retorno ao estado inicial pecha un ciclo que, ao repetirse, converte a performance nunha reflexión sobre a traizón, a morte e a perda.
Romance del Prisioneo (anonimo, tradicional)
Que por maio era, por maio,
cando fai o calor,
cando os trigos encanan
e están os campos en flor,
cando canta a calandra
e responde o rousinol,
cando os namorados
van servir ao amor,
senón eu, triste, coitado,
lque vivo nesta prisión,
que nin sei cando é de día
nin cando as noites son,
senón por un paxariño
que me cantaba ao albor.
Matouma un besteiro,
déalle Deus mal galardón.


