Concerto para unha merda e platillos de dedos
Performance
Im grünen bereich Gallery (Berlin)
Comisariado: Amy J. Klement
Fotografías: Jolanda Jansen, Nicole Seidel
28/05/2026
“Concerto para unha merda e platillos de dedos” utiliza a linguaxe, o son e a interacción co público para construír unha situación de crecente desacougo. A medida que avanza a peza, pequenos xestos e materiais precarios conducen o corpo cara a un proceso de degradación. A performance conclúe cando, xa cuberto por unha gran bolsa negra, o artista é trasladado por dúas persoas ao exterior da galería. A súa presenza alí reverbera como un eco mudo da acción.

