Branco
Performance

Link ao video

IMAF (International Multimedia Art Festival)
Suluv Gallery, Novi Sad (Serbia)
Comisariado de: Nenad Bogdanovic, Svetlana Mladenov
Fotografías: Nenad Bogdanovic, Susana Pruna
07/09/2025

Como noutros traballos anteriores, Branco utiliza a gravación completa da Declaración Universal dos Dereitos Humanos como soporte sonoro. Mentres se escoita este audio, desenvólvese unha serie de accións que convidan ao público a facer unha lectura crítica, poñendo en evidencia o reiterado incumprimento dos principios proclamados na propia declaración. Ao mesmo tempo, esta obra busca lembrar a existencia deste documento e a necesidade de que sexa un texto real, legal e vixente.