Babel
Performance

Traballo presentado en IBERICA (International Performance Art Residency & Festival). Organizado e comisariado por: Héctor Canonge para INPA (International Network of Performance Art)
Museo La Neomudéjar, Madrid (España)
Fotografías: Istvàn Kovacs
29/06/2025

Nesta performance, establezo un paralelismo entre o caos de Babel e o caos xerado pola diversidade de linguas coas que traduzo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Escribo cada artigo da declaración nun papel, dóbroo e gárdoo nun dos meus petos. Ao achegarme a unha persoa, esta introduce a man, extrae un papel e le en voz alta, entenda ou non o idioma no que está escrito. Entre cada lectura, realizo breves accións que aluden ao desacougo, á frustración e á impotencia que xera a violación deses dereitos fundamentais. A performance convértese así nunha torre simbólica, unha Babel que reflicte a dificultade de acadar un entendemento e unha xustiza universais.