Só para homes. Bailamos?
Performance

Enlace ao video

Traballo presentado en IBERICA (International Performance Art Residency & Festival)
Organizado e comisariado por: Hector Canonge para INPA (International Network of Performance Art)
Cañada del Hoyo, Cuenca (España)
Fotografías: Istvàn Kovacs
Cámaras de video: Sonja van Kerkhoff and Kaù Chiayu Lin
Música de dominio público
27/06/2025

“Só para homes. Bailamos?” foi concibida ad hoc para o contexto rural de Cañada del Hoyo. A proposta convida exclusivamente a suxeitos que se identifican como homes a participar nunha acción aparentemente sinxela: bailar xuntos no espazo público. Durante toda a performance, o artista leva unha máscara de porco que cuestiona a súa identidade e pode evocar interpretacións asociadas co grotesco, a burla ou a estigmatización do corpo masculino. Un audio repetitivo —que lembra os ritmos típicos das verbenas— crea unha atmosfera abafante e tensa. Neste traballo, o baile entre homes convértese nun acto político: incomoda, provoca e fai visibles os límites que moitas sociedades impoñen sobre o corpo masculino e as súas expresións afectivas.